Os obxectivos fundamentais da asociación son o achegamento á música e baile tradicional dun xeito lúdico, e a experimentación cos diferentes instrumentos tradicionais propios da nosa cultura (gaita, bombo, pandeireta, tambor, frauta, tarrañolas,...).

Impartimos as clases en  dúas aulas cedidas polo C.E.I.P. Pedro Barrié de la Maza. Tamén a Asociación de Veciños “Armental” de Carnoedo  déixanos ensaiar en dúas aulas do Local Social “Saladina Fernández” e no pavillón do E.E.I. de Carnoedo.

Aínda que a maioría dos/as alumnos/as pertencen a Sada, o ámbito territorial é a provincia da Coruña.

Impartiranse dende outubro de 2017 a xuño de 2018 seis actividades: pandeireta e canto, baile tradicional, gaita, percusión, acordeón e violín, abertas a tódalas idades e niveis de coñecemento.

Información do curso 2017/2018.
Prezos:
Alumnos/as ata catorce anos, cota mes 12,50 €
Alumnos/as con quince anos ou máis, cota mes 20,00 €
Os alumnos/as que cumpran os quince anos no ano que comeza o curso, principiarán pagando a cota de adulto.
Condicións:
Por este prezo mensual, pódese asistir a tódalas actividades.
Pódese empezar nas actividades en calquera momento, sendo ese mes de balde para novas actividades.
Clases exclusivamente para asociados/as. A cota de asociado pagarase en xaneiro ou no mes que se produza a alta durante os seis primeiros meses do ano.
Se non es socio, podes asociarte en calquera momento
. Infórmate AQUI.

Memoria de Actividades:

Memoria 2016 Memoria 2015
Memoria 2014 Memoria 2013 Memoria 2012
Memoria 2011 Memoria 2010 Memoria 2009
Memoria 2008 Memoria 2007 Memoria 2006
Memoria 2005 Memoria 2004 Memoria 2003