Adoitamos compartir os vídeos das actuacións que fixemos ó longo destes anos, para velos só tes que buscalos poñendo o noso nome en YouTube ou entrar en calquera destas dúas canles que vos propoñemos aquí:

 

O Nadal do 2019 felicitámosvos coa panxoliña tradicional “Vinde Ledos” interpretada polos nenos e nenas da Escoliña de Queiroa.

Presentámo-la gravación dunha actuación do Grupo de Gaita e Percusión de Queiroa no auditorio da Casa de Cultura de Sada.
Agardamos que vos preste.

Este ano no Queiroa na Rúa tamén soou a peza máis escoitada da nosa música tradicional. Agradecémo-la deferencia de dedicárnola a nós.“O baile de Noró” queda así de ben cantado e tocado en Sada por Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.

Así rematou a súa actuación Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre na edición de Queiroa na Rúa do 2019... Grazas polas túas palabras mestre!

Con esta fermosa panxoliña, protagonizada polas nosas rapazas e rapaces, felicitamos o Nadal do ano 2018.