ACTUACIÓN DE CACHARRETE E TRASÍN

O 18 de decembro no Complexo Xerontolóxico La Milagrosa en A Coruña, os grupos Cacharrete e Trasín estiveron bailando, cantando e tocando a pandeireta ós residentes. Festa garantida cos nosos pequenos!

MAGOSTO EN MOSTEIRÓN


O martes 13 de novembro un fenomenal cuarteto amenizou o magosto celebrado no C.E.I.P. O Mosteirón de Sada... Coñecédelos?

XI FOLIADA DE SADA

O primeiro sábado de novembro celebrámo-la nosa Foliada de Sada, este ano na súa undécima edición. Como sempre contamos coas actuacións dos mellores grupos da comarca. Este ano, e como novidade, debutou o recentemente creado Grupo de Violín.

Podes botarlle unha ollada ós nosos grupos actuando na festa.

VIII RUADA DE TEIXEIRO


O sábado 27 de outubro actuamos en Curtis cos grupos de gaita e percusión e co de pandeireta "Arnela" acompañando a Pan Sen Fron, As Maghua, Os Sobraos, Amanexo etc.

LOTARÍA DE NADAL

Xa temo-la nosa Lotaría de Nadal. Mercando as participacións axúdasnos a realiza-las nosas actividades, por iso, e porque algún día tocará, non quedes sen ela.

ACTIVIDADES DO CURSO 2018-2019

Xa comezamos as actividades de canto e pandeireta, baile tradicional, gaita, percusión, acordeón e violín, podedes informarvos das clases e horarios entrando aquí. Agardámosvos!

SARDIÑADA DE AGOSTO EN SADA

Como tódolos anos non faltamos á tradicional sardiñada do 18 de agosto no Curruncho de Sada. As sardiñas e o viño fan unha boa maridaxe coa nosa música tradicional.

ALBORADA DAS FESTAS PATRONAIS
O 15 de agosto estivemos recorrendo as rúas do noso concello na alborada das Festas Patronais.

FOLIADA DE A MEDA DO CASTRO


O noso grupo de gaita e percusión participou o día catro de agosto na foliada organizada por A Meda do Castro despois do seu décimo oitavo Encontro Folclórico.

FOLIADA DE BORNEIRO


O sábado 28 de xullo aceptamos de bo gusto a invitación da A.C. O Son do Castro para tocar na Foliada de Borneiro en Cabana de Bergantiños.

FESTA DA CERVEXA 2018

O 21 de xullo a Concellería de Cultura e Praias invitounos a tocar unhas pezas no Paseo Marítimo na Festa da Cervexa.

Xusto antes do concerto de Treixadura.

PROGRAMA LUAR DA TVG

O venres 13 de xullo botamos dúas pezas de baile no escenario do Luar da TVG. Sempre é un pracer actuar cada vez que nos invitan.

QUEIROA NA RÚA 2018


Consolídase nesta segunda edición o espectáculo ¨Queiroa na Rúa¨ celebrado o 7 de xullo.
Fundaméntase no noso interese de achega-lo folclore tradicional galego ós veciños e visitantes que Sada nestas datas.
Ó igual que o primeiro, contou cunha gran afluencia de público.

SARDIÑADA DE SAN XOÁN

O sábado 23 de xuño na tradicional sardiñada de San Xoán xuntamos ós veteranos e veteranas coas novas alumnas de gaita e percusión…

Éxito total no Curruncho!

VII ANIVERSARIO DE OS SOBRAOS

Importante presenza de Queiroa no VI Aniversario de Os Sobraos, dous grupos de gaita e percusión e o grupo Morazón de pandeireta.Parabéns compañeiros!

IV FESTIVAL DA ESCOLIÑA


Xa levamos catro festivais da nosa Escoliña, este ano con dúas asociacións invitadas, Cantigas e Agarimos e A.C. Osorio Gutiérrez.

Máis dun cento de nenas e nenos gozando das nosas tradicións.

VI FESTA AMANEXA

O sábado 26 de maio na VI Festa Amanexa, varios grupos de pandeireta e o grupo de gaita e percusión estiveron de foliada en Dexo (Oleiros).

ACTUACIÓN EN MOSTEIRÓN


O 15 de maio o C.E.I.P. Plurilingüe O Mosteirón adiantou a celebración do día das letras galegas coa actuación da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa
.

CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA


Na edición XXIX do Concurso de Música Tradicional Xacarandaina a nosa asociación acadou uns estupendos resultados. As rapazas do grupo Alborelle fixéronse co primeiro premio na modalidade de pandeireteiras da categoría A. Ademais o noso mestre de gaita, Ismael García, volveu a gana-lo primeiro premio na categoría de gaiteiro solista.
Parabéns artistas!

V FESTIVAL FOLCLÓRICO

A finais de abril a Escoliña acudiu á invitación da A.C. Osorio Gutiérrez ó seu V Festival Folclórico Infantil celebrado en Lourenzá.

Que ben o fixeron tódolos rapaces e rapazas!

XIX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XIRADELA

O domingo 15 de abril o grupo Morazón participou no XIX Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela de Arteixo.

GALA QUEIROA 15 ANIVERSARIO


Como pasa o tempo. Parece que foi onte cando comezábamos a nosa andaina no mundo do folclore, e xa pasaron... 15 anos!
Queremos conmemorar con todos vós, os nosos 15 anos de traxectoria, cheos de música, bailes, cantares, recordos...
Por moitos  anos máis de música tradicional!

COCIDO DE QUEIROA 2018

O 17 de febreiro celebramos o tradicional cocido da asociación, un día de boa comida e mellor compaña.

XXXIII FESTA DA FILLOA DE SADA

O martes 13 de Febreiro, estivemos tocando unhas pezas na XXXIII Festa da Filloa de Sada. Que mellor maneira de pasa-lo martes de Entroido e escorrenta-lo frío, que unhas filloas quentiñas, e música tradicional para ameniza-lo evento.

ACTUACIÓN NO CENTRO DE DÍA DE MONDEGO


O venres 9 de febreiro Queiroa visitou o Centro de Día situado na parroquia sadense de  Mondego, para botar unhas pezas e anima-los maiores que alí acoden diariamente.

CABALGATA DE REIS EN SADA 2018

Comezámolo ano, e como non podía ser doutro xeito, acompañamos ós Reis Magos na súa cabalgata pola vila ó son dos nosos pasodobres, xotas e muiñeiras.

   
#